 |
 |
Creada no ano 1981, PORCELANAS VP foi, nos seus inicios, unha empresa dedicada en exclusiva á decoración artesanal de pezas de porcelana. Aos poucos, o deseño e a calidade das coleccións que esta empresa creaba ano tras ano foron atraendo a un número cada vez maior de clientes, e a súa área comercial deixou de circunscribirse ao territorio galego para cubrir todo o territorio nacional.
Paralelamente a este proceso de expansión, o catálogo da firma foi tamén evolucionando para incluír unha serie de coleccións exclusivas, que consolidaron a posición de PORCELANAS VP como unha firma de referencia no sector da decoración contemporánea. |
 |